O eucalipto, unha árbore maldita?

Incorporación a Proxector: 18/4/2023

Vídeo divulgativo (5´ 40´´) centrado no eucalipto, unha especie exótica que, malia ser foco de todas as polémicas, ten actualmente un peso decisivo no noso sector agroforestal. Manuel Marey, catedrático na área de Proxectos de Enxeñaría da USC, cóntanos como chegou esta árbore a Galicia desde o sur de Australia e con que obxectivos se introduciu, ao tempo que matiza algunhas crenzas moi asentadas socialmente, como o seu papel decisivo na propagación dos incendios ou na desertización dos solos.

A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
18/4/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO