Durmir é o teu superpoder

Incorporación a Proxector: 18/4/2023

A falta de sono inflúe na nosa saúde e avelléntanos unha década en termos de benestar. Nesa charla de TED (19´ 18´´) Matt Walker, profesor de neurociencia e psicoloxía, explícanos cal é o impacto do sono na nosa aprendizaxe, memoria, sistema inmunolóxico e mesmo no noso código xenético; alértanos sobre os efectos negativos que ten para o noso corpo e cerebro non durmir o suficiente e dános algúns consellos para poder conciliar o sono.

Tradución ao galego de Marta Garrido Novelle para #TEDSaúde 2022.

Matthew Paul Walker    AUTORÍA
18/4/2023
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO