Córtase a dixestión se non esperas dúas horas para o baño?

Incorporación a Proxector: 25/4/2023

Cantas veces oíches que se vas á praia despois de comer debes agardar dúas horas antes de meterte na auga para que non se corte a dixestión? Neste vídeo divulgativo (1´ 03´´) descubrirás que o que debes evitar non é o suposto "corte de dixestión", senón o choque térmico. A solución é tan doada como non chumbarse de golpe.

A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Iria Ollero    AUTORÍA
Ceo Aberto CREACIóN
25/4/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO