Tecnoloxía que sabe o que estás a sentir

Incorporación a Proxector: 25/4/2023

Que pasaría se, mesmo poñendo nós cara de póker, as máquinas puidesen saber o que estamos a sentir? A neurocientífica Poppy Crum explícanos nesta charla de TED (12´ 42´´) que ese futuro está moi preto e non debe darnos medo. Partindo do coñecemento previo que xa temos sobre como os humanos expresamos as emocións, a "tecnoloxía empática" será quen de interpretar indicacións físicas (como a temperatura corporal ou a composición química da nosa respiración, por citar algúns exemplos) para informar do noso estado emocional. Podes imaxinar cantas aplicacións podería ter esta tecnoloxía? Descubriralo neste vídeo.

Tradución ao galego de Penny Martínez para #TedSaúde 2022.

Poppy Crum    AUTORÍA
25/4/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO