Máis diversidade, mellores resultados

Incorporación a Proxector: 3/5/2023

Laura Veiga, divulgadora sobre saúde menstrual e sexual, fálanos neste vídeo divulgativo (10´ 12´´) de como os movementos feministas mudaron a ciencia xinecolóxica, expoñendo a modo de exemplo os logros acadados polo movemento feminista "Os nosos corpos, as nosas vidas", xurdido nos Estados Unidos en 1969. Tamén nos explica na súa charla que é a "ignorancia construída", e cales foron as consecuencias para a educación sexual das mulleres deste tipo de ignorancia.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).

Laura Veiga    AUTORÍA
Concello de Pontevedra CREACIóN
3/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO