Cambian de forma as praias?

Incorporación a Proxector: 3/5/2023

Volviches despois de moito tempo a unha praia e douche a impresión de que a súa forma era diferente a como a lembrabas? Ao mellor non foi só unha sensación. David Ballesteros trasládase ata un areal da Costa da Morte para explicarnos neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) que as praias son sistemas dinámicos nos que a xeometría da area cambia constantemente.

A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

David Ballesteros    AUTORÍA
Ceo Aberto CREACIóN
3/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO