Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei

Incorporación a Proxector: 3/5/2023

Documental (18´ 10´´) sobre a figura do maxistrado, escritor e intelectual galeguista Fermín Bouza Brey (Ponteareas, Pontevedra, 1901 - Santiago de Compostela, 1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923. Na súa faceta literaria destacou por ser o iniciador do neotrobadorismo e a Real Academia Galega dedicoulle en 1992 o Día das Letras Galegas. Nesta peza faise especial fincapé no seu labor profesional como xuíz, un exemplo de compromiso coa realidade social e cultural galega.

O documental, promovido pola Fundación Lois Peña Novo, realizouse baixo a dirección de Pío García, con guión de Clodio González e Fran Zabaleta.

Pío García    Clodio González    Fran Zabaleta    AUTORÍA
Fundación Lois Peña Novo CREACIóN
3/5/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO