Vídeo divulgativo (55´´) sobre a mestra e pedagoga Ángela Ruiz Robles (1895-1975), inventora da “enciclopedia mecánica”, un dispositivo deseñado para facilitar a aprendizaxe do alumnado a través da interacción, que está considerado na actualidade como o precursor do libro electrónico.
Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.