Rosalía de Castro

Incorporación a Proxector: 10/5/2023

O Colexio San Pío X de Ourense, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, ofrécenos a dobraxe ao galego do vídeo orixinal (5´ 04´´) de "TikTak Draw" sobre Rosalía de Castro. A peza permitirache achegarte á vida e á obra da nosa escritora máis universal, figura clave do rexurdimento da literatura galega no século XIX, a quen a Real Academia Galega lle dedicou en 1963 o primeiro Día das Letras Galegas.

Colexio San Pío X (Ourense) CREACIóN
10/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO