Verbas. Curso de lingua e cultura. Sesión 13

Incorporación a Proxector: 24/5/2023

Décimo terceira entrega (1 h 1´ 56´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión o eixo temático é a costa galega, polo que poderás aprender léxico galego relacionado co mar, e familiarizarte coa nosa talasonimia. Tamén descubrirás como se nomean en galego as partes do día e mais as cores. No bloque gramatical preséntase o futuro de indicativo: a súa conxugación e os seus usos.

A sesión foi emitida o día 5 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
24/5/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO