Cosmos en perspectiva e poema

Incorporación a Proxector: 24/5/2023

Charla divulgativa (15´ 06´´) na que Estíbaliz Espinosa, escritora e divulgadora científica, reivindica a necesidade de tomar perspectiva ao tratar temas de ciencia, literatura e arte. A seguir, preséntanos o proxecto “Telescopias”, centrado nas mulleres representadas cun telescopio en obras de arte, e para rematar, fálanos do sentido poético co que pensamos o mundo.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).

Estíbaliz Espinosa    AUTORÍA
Concello de Pontevedra CREACIóN
24/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO