O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo

Incorporación a Proxector: 24/5/2023

Nos últimos anos o CERN foi coñecido polo público xeral, non especializado, grazas ás novas publicadas nos medios relacionadas co Gran Colisor de Hadróns, o maior acelerador de partículas da historia. Xabier Cid Vidal, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), explícanos nesta charla divulgativa (54´ 31´´) cal é a relevancia científica do CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo.

A charla tivo lugar o 11 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.

Xabier Cid Vidal    AUTORÍA
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) CREACIóN
24/5/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO