Aprender a lidar coa presión e as expectativas

Incorporación a Proxector: 7/6/2023

Charla TED (5´ 11´´) na que Nghi Nguyen, estudante da AISVN (Escola Internacional Americana de Vietnam), nos fala sobre o estrés que sofre o estudantado no ámbito académico, centrándose especialmente no alumnado que consegue altas cualificacións. Este ten que someterse á presión xerada polas expectativas creadas, o que pode afectar á súa saúde mental. Baseándose na súa propia experiencia persoal, Nghi Nguyen dános algunhas claves sobre como lidar con esta presión engadida.

Tradución ao galego de Nay García para TedSaúde 2022.

Nghi Nguyen    AUTORÍA
7/6/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO