O evento de Traspena

Incorporación a Proxector: 7/6/2023

Manuel Andrade Baliño, profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, preséntanos (desde 1´ 51´´ ata 33´ 34´´) a investigación realizada na USC arredor do meteorito de Traspena, que constitúe un fito na astronomía galega, ao tratarse da primeira caída ben documentada dun meteorito en Galicia, e tamén da primeira ocasión na que o cálculo da traxectoria atmosférica e o da órbita heliocéntrica se realizan por investigadores do país, concretamente da USC.

Esta charla académica impartiuse no marco do acto de presentación do meteorito de Traspena, que tivo lugar o 13 de xaneiro de 2023 no Museo de Historia Natural da USC. O vídeo recolle tamén as intervencións de Antonio López (reitor da USC), Vicente Pérez Muñuzuri (vicerreitor de Política Científica), Marcos A. González González (director do Museo de Historia Natural) e José A. Pérez Docobo (director do Museo de Historia Natural).

Manuel Andrade Baliño    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
7/6/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO