A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta educativa innovadora na que se combinan procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade, de xeito que os participantes se forman ao tempo que traballan sobre necesidades reais dunha contorna co propósito de mellorala. Neste vídeo didáctico (7´ 54´´) Miguel Anxo Santos Rego, Alexandre Sotelino Losada e Mar Lorenzo Moledo, membros do grupo de investigación Esculca, explícannos cales son os fundamentos e mais os indicadores de calidade desta metodoloxía pedagóxica. Así mesmo, tamén se ofrece a opinión do alumnado e das entidades participantes en experiencias de ApS.
Esta peza forma parte da serie didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.