As ciencias naturais no Seminario

Incorporación a Proxector: 6/9/2023

O Seminario de Estudos Galegos dedicouse nun primeiro momento case exclusivamente ao estudo das diferentes ciencias humanísticas, pero moi pronto, entre 1925 e 1926, créase a sección de “Cencias Naturás” na que traballan importantes nomes da ciencia galega como Luís Iglesias, Isidro Parga Pondal ou Cruz Gallástegui. Neste vídeo divulgativo (2´ 19´´) preséntanse os principais proxectos e traballos desenvolvidos no seo desta sección.

A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.

Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Centro Superior de Investigacións Científicas CREACIóN
6/9/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO