O Colexio de Fonseca é un dos edificios máis emblemáticos da Universidade de Santiago de Compostela. Foi mandado construír polo arzobispo Alonso III de Fonseca no 1532 e é a sede fundacional desta universidade. Neste vídeo divulgativo (4´ 28´´) Xosé Ramón Cisneros Pérez fainos un percorrido polas estancias e mais a historia do edificio.
Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Descubrindo a USC”.