A pelexa da ciencia contra o cambio climático

Incorporación a Proxector: 14/11/2023

Charla divulgativa (52´ 54´´) na que Susana Bayo Besteiro, investigadora no EphysLab da Universidade de Vigo e presentadora do tempo en Telemiño, ofrece unha actualización dos principais datos relacionados co cambio climático, ao tempo que presenta algúns dos retos que a ciencia debe enfrontar nun futuro próximo para combater este desafío.

Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.

Susana Bayo Besteiro    AUTORÍA
Deputación da Coruña CREACIóN Concello de Cabana de Bergantiños CREACIóN
14/11/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO