Os avances científicos e biolóxicos ofrecen novas posibilidades de intervención no comezo e no final da nosa vida, así como no coidado da nosa saúde, pero é eticamente correcto todo o tecnicamente posible? Esta é a pregunta coa que inicia a súa charla (26´ 18´´) José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña, na que nos convida a reflexionar sobre as dimensións éticas dos avances científicos no ámbito médico.
A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.