Lousas

No Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega consérvanse e presérvanse máis de seiscentas lousas de contido galego: dende as primeiras gravacións do Coro Aires d’a Terra de Pontevedra ou do Orfeón el Eco de la Coruña, de 1904, ata material editado na emigración boaerense (Manuel Dopazo) ou cubana (Coro de la Agrupación Artística de La Habana), entre outros, imprescindible para a nosa identidade cultural. Esta colección de xoias sonoras ponse a disposición a través deste especial web para desfrute público.

Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)