Historias de ida e volta

Historias de ida e volta

A emigración é moito máis que un movimiento anónimo que marcou unha sociedade como a galega. Detrás de todos eses números hai historias persoais anegadas sentimentos, decisións e moitas renuncias. Neste proxecto pretendemos achegar os documentos que escriben e describen a historia dunha parte do país desde o individuo, desde abaixo, desde cada un dos ángulos posibles que tivo este fenómeno e que nos axudan a comprender mellor o que somos.

Arquivo da Emigración Galega (CCG)

1. O proceso migratorio: A partida

Decidir non é fácil. E moito menos se o que está en xogo é abandonar a túa xente, a túa casa… en definitiva, a túa vida. Nesta primeira entrega achegamos materiais que xiran arredor da partida. Desde documentos que incentivaron e orientaron a marcha ata a recepción dos nosos emigrantes nos seus lugares de destino, pasando pola travesía.

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega
Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.
Coñece cómo
  • Arquivo da Emigración Galega
  • Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
  • Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
  • Enderezo electrónico: aemigracion@consellodacultura.gal
  • Documento: Instrucións para colaborar