Sextina

Materiais das II Xornadas Feministas Galegas, 1-4 de novembro de 1984

Sextina

Contido: Compilación dos materiais elaborados por diferentes mulleres e organizacións integradas en 1984 na Coordinadora Nacional do Movemento Feminista en Galicia para as xornadas feministas que tiveron lugar en Vigo no mes de novembro de 1984. Ademais de materiais publicitarios, comprende un total de dezanove documentos manuscritos e mecanoscritos. Neles abórdanse as seguintes temáticas: lesbianismo, pacifismo, violencia, educación, traballo e historia, autonomía e formas de organización e loita do movemento feminista organizado en Galicia.

Trátase de documentación relevante para a memoria do movemento feminista en Galicia e para o coñecemento dos debates, reflexións, revisións e críticas máis destacados a mediados da década de oitenta do século XX en Galicia.

Os documentos foron depositados no CDIF a través de doazóns e preparados para a súa publicación en formato PDF en marzo de 2021.

Autoría: Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Publicación: 2021
Descrición física: 1 PDF ( 229 p.)
Materias: feminismo, mulleres, violencia , LGTBIQ+, coeducación, historia