Sextina

Materiais dos II Encontros Galegos de Feministas Lesbianas, 28 e 29 de marzo 1987

Sextina

Contido: Compilación dos materiais elaborados polas Comisións de Lesbianas das Asociacións Galegas da Muller de Santiago de Compostela e Ferrol e da Asamblea de Mulleres de A Coruña para estes encontros. Tiveron lugar en diferentes espazos universitarios da cidade de Santiago de Compostela no mes de marzo de 1987. Comprende materiais publicitarios, os referidos á repercusión en prensa desta actividade e un total de tres textos mecanoscritos que se corresponden cos debates programados para a sesión da mañá. Estes abordan: a necesidade de cuestionar a norma heterosexual dentro do movemento feminista, o gueto como espazo marxinal e a desinformación e deformación existente en torno á idea de lesbiana e lesbianismo.
Trátase de documentación relevante para a memoria dos movementos feminista e LGTBIQ+ en Galicia e para o coñecemento dos debates, reflexións, revisións e críticas máis destacados na segunda metade da década de oitenta do século XX en Galicia.

Os documentos foron depositados no CDIF a través de doazóns e preparados para a súa publicación en formato PDF en outubro de 2021.

Autoría: Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Publicación: 2021
Descrición física: 1 PDF (39 p.)
Materias: feminismo, mulleres, sexualidade , LGTBIQ+, coeducación, historia