Sextina

Mulleres galegas na Comunicación

Sextina

1 PDF ( 153 p.)

Contido: Informe elaborado por Amanda Álvarez, Begoña Caamaño, Carme Hermida, Ana Romaní e Tereixa Varela, compoñentes da organización Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), para a Ponencia de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Trátase dun estudo no que se analiza a presenza das mulleres na información escrita e visual contida nos xornais publicados en Galicia. Para isto lévase a cabo durante o mes de setembro de 1998 unha revisión exhaustiva e diaria dos xornais: Atlántico Diario, El Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia e O Correo Galego. Elaboráronse fichas, definíronse clasificacións e cruzáronse os datos na procura dunha análise cualitativa e cuantitativa arredor do tratamento da información en función dos sexos na prensa escrita en Galicia.
Esta edición preparada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega a comezos de maio de 2022 inclúe un texto de presentación elaborado por María Xosé Porteiro, que tamén fixera parte de MUGACOM, e, entre outros, achega datos sobre esta organización.
O documento orixinal do informe fai parte dos fondos documentais do CDIF (CCG).

Autoría: Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Publicación: 2022
Descrición física: 1 PDF (153 p.)
Materias: feminismo, mulleres, prensa escrita, medios de comunicación, organizacións