Teima

Teima

Entre novembro de 1976 e agosto de 1977 un modesto semanario viviu a aventura de ser a primeira publicación periódica integramente en galego desde a Segunda República. Teima chegou nun momento de especial axitación política, tralo remate da ditadura franquista e nos primeiros debates sobre o futuro da democracia e da autonomía galega. A revista Teima é unha ollada privilexiada para coñecer o convulso ambiente político e social deses momentos, pero tamén para descubrir os primeiros pasos dunha xeneración de xornalistas que logo habían ter un longo percorrido nos medios e na cultura galega.

O Consello da Cultura Galega pon a disposición pública a colección íntegra desta revista, arroupado con artigos do seu director, Ánxel Vence, e unha visita guiada polos seus contidos a cargo do xornalista Luis Villamor, especialista na publicación.


Derradeiro consello de redacción de Teima (número 35, agosto de 1977).

"Teima, case medio século despois", por Ánxel Vence, director da revista.





"Un lóstrego informativo. Unha visita guiada por algúns contidos de Teima", por Luis Villamor, xornalista e autor dunha tese sobre a revista.



A colección completa de Teima