Voces centenarias

Voces centenarias

Rafael Dieste

Voces centenarias

As gravacións do ASG permiten coñecer a visión ética e estética do autor rianxeiro

Maruxa Boga no Álbum de GaliciaRafael Dieste desenvolve un amplo traballo literario non só en lingua galega senón tamén en castelán, consecuencia da súa andaina vital que o leva primeiro, voluntariamente a Madrid nos anos 30, e despois, rematada a contenda civil española, ao exilio arxentino.

En Bos Aires prosegue o seu compromiso coa cultura galega e participa en moitas das iniciativas da nosa colectividade. O Arquivo Sonoro de Galicia dispón de gravacións recollidas a finais dos anos 50 nas que o escritor rianxeiro dá conta da súa visión ética centrada na teoría estética.





"Los valores estéticos"





A Cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos Aires (logo Centro Galicia), dirixida por Ramón Suárez Picallo, organiza en 1959 o Curso de Orientación Estética. Rafael Dieste é o encargado de pronunciar as catro conferencias que compoñen o ciclo. A primeira, dictada o 26 de agosto, titúlase “Los valores estéticos”. Nela reflexiona sobre o que se entende por arte e a función que desenvolve na sociedade.

Duración: 54'57''
Sinatura: CIBA—CON/131
Fondo:Colección Centro Galicia de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG








"Los valores estéticos: los pintores"





A pintura centra a segunda conferencia do Curso de Orientación Estética. Pronunciada no Centro Lucense de Bos Aires o 2 de setembro de 1959, nela Dieste fai un percorrido pola historia da pintura, detense no concepto de creación no eido artístico e destaca o papel do espectador como autor complementario da obra observada.

Duración: 55'24''
Sinatura: CIBA—CON/132
Fondo:Colección Centro Galicia de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG








"Los valores estéticos: la arquitectura"





Rafael Dieste pronuncia a terceira conferencia que se conserva do Curso de Orientación Estética o 9 de setembro de 1959 no Centro Lucense de Bos Aires. A súa disertación céntrase en aspectos relacionados coa arquitectura e outros conceptos vinculados coa teoría artística. Neste ciclo o intelectual rianxeiro amosa a súa alta capacidade disertadora sobre un tema tan especulativo como é a arte.

Duración: 48'58''
Sinatura: CIBA—CON/138
Fondo:Colección Centro Galicia de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG