O Consello da Cultura Galega,

ten o pracer de te convidar ao Concerto das Letras Galegas, no que a orquestra Real Filharmonía de Galicia, o grupo vocal Sólo Voces e o Collegium Compostellanum, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán obras de Pascual Veiga, Xoán Montes, Xesús Bal y Gay, Octavio Vázquez e Rogelio Groba, sobre textos de Francisco María de la Iglesia, Aurelio J. Pereira, Xosé María Díaz Castro e Xosé Filgueira Valverde.

OBRAS

ALBORADA GALEGA

Pascual Veiga
ALBORADA GALEGA (Francisco María de la Iglesia) Pascual Veiga (Orquestración de Juan Durán)

LONXE D’A TERRIÑA

Xoán Montes
LONXE D'A TERRIÑA (Aureliano J. Pereira) Xoán Montes (Orquestración de Juan Durán)

SERENATA PARA ORQUESTRA DE CORDAS

Xesús Bal y Gay

PENÉLOPE

Octavio Vázquez
PENÉLOPE (Xosé María Díaz Castro) Octavio Vázquez Obra de encargo, estrea absoluta

CANTIGAS DE MAR IN MODO ANTICO

Roxelio Groba
CANTIGAS DE MAR IN MODO ANTICO (Xosé Filgueira Valverde) Roxelio Groba

  • ¡San Cremenço do mar!
  • No Santo do Mar
  • Furnas da costeira
  • Bailada
  • Vin chegar o navío
  • Nosa Señora da Barca

INTÉRPRETES

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal, como a propia cidade onde ten a súa sede, Santiago de Compostela. O Consorcio da cidade de Santiago é o organismo encargado da súa xestión.
Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que achegaron a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que achegou a forza e pulo necesarios para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos, e agora Paul Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron ou teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.

DIRECTOR

Maximino Zumalave
Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador.

GRUPO VOCAL SÓLO VOCES

O Grupo Vocal Sólo Voces fundouse en Lugo en 1992. Desde entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio coral, sempre con especial énfase nos autores galegos, e baixo a dirección de Fernando G. Jácome.
Ten editados varios CD: Cantares (ano 2000); Clásicos galegos, Vol. 1 (ano 2000), coa Orquestra Municipal de Xove baixo a dirección de Xan Carballal, onde se recolle música de autores lucenses; Nihil novum sub sole? (ano 2005) e Dous séculos de música lucense (ano 2011) baixo o patrocinio da Deputación de Lugo.

COLLEGIVM COMPOSTELLANVM

Foi creado en 1988 por Maximino Zumalave, o seu director, coa colaboración de J. C. Dorgambide. O Collegium colaborou con artistas como Zanetti, Miguel Cid, Michael Volle, Agustín Prunell, Iris Vermeillon, etc. e coas orquestras Clásica de Porto, Real Filharmonía de Galicia, La Petite Bande, etc. baixo a dirección de Zumalave, Kuijken, Rilling, Florio, etc. Bach, Mozart, Bizet, Haendel, Brahms, Britten… están entre os autores de obras para solistas, coro e orquestra que o Collegium ten na súa executoria.
Nos músicos galegos cómpre destacar a Groba e Viaño. Coa Petite Bande e Kuijken, o Collegium gravou en CD o Don Giovanni de Mozart. En concertos a cappella, o Collegium ten repertorio que vai de Palestrina, Victoria, Purcell, Pergolesi, Brahms, Fauré… ás músicas de cine (Mago de Oz, West Side Story, My Fair Lady…), de Nadal, etc.

Lugar

Círculo das Artes de Lugo
Praza Maior, 27

16 de maio de 2014 ás 20:30 horas
Lugo