Como podo asistir?

O Consello da Cultura Galega ten o pracer de te convidar ao Concerto das Letras Galegas, onde a Real Filharmonía de Galicia e o Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerán un recital dedicado a Carlos Casares. A entrada ao concerto é gratuíta ata completar a capacidade da sala. As entradas poderán retirarse no despacho de billetes do Auditorio Municipal de Ourense e do Auditorio de Galicia en Santiago o propio día do concerto a partir da apertura da taquilla.

O homenaxeado Carlos Casares

Este concerto supón unha acaída homenaxe para quen foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 1996 e 2002. Durante o seu mandato manifestou a súa gran sensibilidade e responsabilidade para co mundo da música galega, que se materializou na redacción en 1999 dun informe fundamental para a creación dos centros integrados de música en Galicia.

REPERTORIO

I
ALBORADA GALEGA (Francisco María de la Iglesia)
Pascual Veiga
(Orquestración de Juan Durán)
Voces: Coro novo da OSG

LONXE DA TERRIÑA (Aurelio J. Pereira)
Xoán Montes
(Orquestración de Juan Durán)
Voces: Coro novo da OSG

SUITE SOBRE CANTOS POPULARES GALLEGOS
Enrique Granados

Nº 1. En la montaña. Allegretto tranquillo
Nº 2. Allegro Moderato
Nº 3. Morriña. Lento
Nº 4. Final. La fiesta. Allegro grandioso

II
A FORMIGA (Carlos Casares)
Rubén Vizcaíno
Voces: Coro novo da OSG
Estrea absoluta

CANTATA DAS CANTIGAS (Selección) (Ramón Cabanillas)
Rogelio Groba

Voces: Coro novo da OSG

I. Pensa moito e fala pouco
V. Fun que non fun ao muíño
VI. Filla das herbas tristes
VII. As fillas de Furabolos
VIII. Coma se foran señoras
IX. Deixade fungar ás vellas
X. Arrú, meu neniño
XI. Unha silla no inferno
XII. Pensa moito e fala pouco

INTÉRPRETES

Real Filharmonía de Galicia
Orquestra

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal, como a propia cidade onde ten a súa sede, Santiago de Compostela. O Consorcio da cidade de Santiago é o organismo encargado da súa xestión.

Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que achegaron a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que achegou a forza e pulo necesarios para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos, e agora Pau Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron ou teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.

O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colaborar e compartir momentos de gran plenitude musical: Frank Peter Zim-mermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín); Natalia Gutman, Lluís Clatetou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano), e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores de renome, como Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christop König, actual director invitado, puxeron o seu batuta áfronte da orquestra.

A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela que compatibiliza con xiras e concertos nos escenarios de países como Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentinae, especialmente, Portugal, ademais das principais cidades españolas, ondesalienta a súa participación na tempada cultural de Vigo.

Co mestre Helmuth Rilling a orquestra gravou as catro primeiras Sinfoníasde Schubert, con Ros Marbà un disco dedicado a Joaquín Rodrigo e conAmancio Prada un centrado en compositores galegos. Na discografía da RFG destacan os seus traballos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou,publicados en 2009, e a Maurice Ravel, en 2012. En 2013 edita o disco Variaciones, no que a orquestra e a soprano María Bayo lle renden homenaxe a Antón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra("Concierto de Aranjuez" de Joaquín Rodrigo, "Concierto de Benicássim" deLeo Brouwer e "Guitare" de Frank Martin), baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga na guitarra.

Maximino Zumalave
Director

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociadoda Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela. Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens,V. Georghiu, W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha,A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor,J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium, Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada, entre outras.
Foi invitado a participar en xurados e a presidir importantes certames e premios internacionais.
Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo, coidando especialmente as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso coa cultura de Galicia transcende alén da música: Torrente Ballester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa Eva Veiga escribe:

...Maximino,
que coas súas mans do silencio
arrinca
a máis pura poesía,
no espacio fuxidía
no corazón eterna.
É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En febreiro de 1995 foi elixido académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2010, é membro do Plenario, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e, dende 2014, forma parte da Comisión Executiva desta institución.En xuño de 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e no ano 2016 foi recoñecido co Premio da Cultura Galega na modalidade de Música.

Coro Novo da Orquestra sinfónica de Galicia
Daniel G. Artés, director

O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que se presentou en público en xuño de 2005 na Coruña, supón a posta en marcha da última das iniciativas do proxecto orquestral e coral galego, tras a consolidación do Coro e dos Nenos Cantores da OSG.
Desde entón xa participou en varios proxectos coa Orquestra Sinfónica deGalicia, entre os que destaca a súa presenza na Balada dos heroes de Britten,A execución de Stepan Razinde Shostakóvich e a máis recente de Carmina Buranano 15º aniversario da OSG. En decembro de 2007 formou parte xunto co Coro da OSG do Mesías participativo de La Caixa na Catedral de Santiago de Compostela e, na pasada tempada de concertos, da Cantata de Nadal de Honegger e do Carmina Burana participativo da edición 2011 do Festival Mozart da Coruña.
Ademais de colaborar nos concertos co Coro e coa Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos a capela en diferentes localidades da comunidade galega.
Obtivo o 2º Premio no Concurso Fira de Tots Sants de Cocentaina na súa XXVII edición (2007), así como o Premio do Público e Segundo Premio do Concurso Nacional de Corales Antonio José, en Burgos, en outubro de 2008.
O Coro Novo, formado por 35 mozas e mozos de entre 13 e 21 anos, representa a ponte coral entre o Coro de nenos e o Coro de adultos da OSG.
Desde a súa creación tivo como directores a Daniel García Artés, José Antonio García Mato, Fernando López Briones e José Ramón Rodríguez Castellanos.
Na actualidade Daniel García Artés exerce o labor de dirección musical e Joan Company a dirección artística

Lugar

Auditorio Municipal de Ourense. 16 de maio. 20:30 horas
Auditorio de Galicia de Santiago. 18 de maio. 20:30 horas