presentación

Presentación do libro «O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)»

Venres, 28 de setembro de 2012 ás 11:00
Temáticas: Sociedade |
Información [Ver todos os da serie]

O Consello da Cultura Galega presentará o venres 27 de setembroás 11 horas o libro O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), que recolle a maioría dos textos presentados durante os últimos catro anos no seminario interdisciplinar do mesmo título.

No acto intervirán Ramón Villares, presidente do CCG, e Ramón Maiz, membro do Plenario da institución e coordinador do seminario.

O seminario “O(s) sentid(s) da(s) cultura(s)”, posto en marcha en 2006, forma parte da actividade períódica de debate e difusión cultural que, entre moitas outras, ven ofrecendo o CCG nun intento de debullar críticamente as plurais significacións da Cultura. O volume, de setecentas páxinas, recolle un total de 28 intervencións, entre as que figuran as de Slavoj Zizek, José Manuel Sánchez Ron, Josep Ramoneda, Amelia Valcárcel, Darío Villanueva, Rafael Argullol ou Donatella della Porta.

Ficha técnica
Presentación do libro «O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)»
Presentación do libro «O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)»
Presentación. Venres, 28 de setembro de 2012 ás 11:00
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Presenta
Ramón Máiz Suárez
Ramón Villares