mesa redonda

Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios

9 de febreiro de 2007
Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios
O clima é un factor fundamental á hora de falar da prevención, o desencadeamento e a extinción de incendios. A temperatura, o vento e a humidade son só algúns dos elementos que determinarán, por exemplo, a velocidade coa que se propagará o lume ou a dificultade para sufocalo. Por este motivo, resulta esencial para a toma de decisións fronte a un incendio comprender e coñecer a relación que se establece entre o lume e a meteoroloxía e dispoñer non só dun sistema de avaliación e de predición do nivel de risco e de perigosidade aos que está exposto cada territorio senón tamén dispor de métodos de predición do comportamento do lume nos combustibles de Galicia, de cara a mellorar a eficacia das tarefas de extinción e a seguridade dos combatentes e da poboación afectada.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: