actividade institucional.

Comparecencia do presidente do CCG, Ramón Villares, na comisión para a reforma do Estatuto de Autonomía

16 de xuño de 2006
Compartir:
Información
Sen entrar no asunto concreto de cómo proceder á reforma do actual Estatuto, resulta evidente que se trata dunha iniciativa que cómpre ollar no contexto actual de reforma doutros textos estatutarios de diversas autonomías españolas, que marcan ou irán marcando no futuro as pautas das súas definicións identitarias, niveis competenciais e fórmulas de inserción no Estado das Autonomías. Tamén é claro que, malia os adiantos conseguidos en materia de ordenación político-territorial de España desde os tempos da Transición, subsiste unha “cuestión nacional” que emerxe con frecuencia no debate político pasado, presente e, tal vez, tamén no inmediato porvir. A resolución deste asunto non é posible unicamente desde unha reforma estatutaria, pero é claro que é indispensable ter en conta esta dimensión xeral da cuestión nacional na España contemporánea, alomenos desde principios do século XX.
Ficha técnica
Comparecencia do presidente do CCG, Ramón Villares, na comisión para a reforma do Estatuto de Autonomía
Comparecencia do presidente do CCG, Ramón Villares, na comisión para a reforma do Estatuto de Autonomía
Actividade institucional. 16 de xuño de 2006