Cultura Conciencia

Dende o 30 de maio ao 8 de novembro de 2007
Compartir:
Información
Ao abeiro dun Convenio coa Dirección Xeral de I+D+i estase a organizar un ciclo de conferencias coordinado por Domingo Docampo baixo o eixo central das relacións entre a ciencia e a cultura. Así, a sostibilidade constitúe o fío condutor que permite unir reflexións sobre a física, a economía, a demografía ou a alimentación da man de expertos de recoñecido prestixio internacional que ofrecerán as súas perspectivas nas sete cidades galegas. Ademais e como colofón, están previstas catro palestras maxistrais en cada unha das universidades galegas impartidas por figuras representativas da cultura galega. Dentro do ciclo Cultura Conciencia desenvolvido entre os meses de Maio e Novembro de 2007, amosamos as dúas visións sobre o cambio climático aportadas por Ignacio Pérez Arriaga, director da Cátedra BP de Desenvolvemento Sostible – Instituto de Investigación Tecnolóxica – Universidade Pontificia de Comillas e Eugenio Domínguez Vilches, catedrático na Universidade de Córdoba. As conferencias de Pérez Arriaga de Fontes de enerxía para un planeta sostible, e a de Domínguez Vilches ¿Cambio climático?¿Esoterismo Global?¿Crisis global?, versan sobre o compromiso que deben asumir os diferentes países, as consecuencias e as medidas de adaptación ao xa inevitable cambio climático e tamén sobre a necesidade dunha investigación científica seria ao falar do tema. Aquí están dispoñibles as súas presentacións en PDF
Ficha técnica
Cultura Conciencia
Cultura Conciencia
Ciclo. Dende o 30 de maio ao 8 de novembro de 2007