mesa redonda.

Ano María Mariño: un balance

12 de decembro de 2007, ás 16:30
Compartir:
Información
Para que serviu o ano de María Mariño? Remocicaron as Letras nas sombras do Courel e da autoría? Que fica tras os pasos á procura do mundo dos furados? É Noia distinta? Crebar a lingua, tensar o idioma, abríronse os portóns? Que vento escoitamos agora na fosa de altura? Cóase Palabra no tempo e Verba que comenza polas fendas do canon? Independizouse María Mariño dos adxectivos? Lémola? Lerémola outra? Doce meses despois, que sabemos?, que queremos saber? A piques de rematar o Ano de María Mariño a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propón un encontro para o debate e a análise, tamén para a celebración, porque as Letras viven máis aló do dezasete. A escolla de María Mariño como escritora central do Día das Letras do ano 2007 abriu os portóns a unha obra e a unha autora que resistiu silenciosa e escura nas marxes do canon literario e dos andeis. A decisión da Real Academia Galega abría as fiestras e as portas dunha casa case clausurada. Un ano despois cómpre ver se realmente entrou o aire, se se iluminou a estancia, se podemos entrar e entramos na casa literaria de María Mariño. Non se trata de recompor o crebacabezas senón de entender as súas pezas e as súas crebas.
Ficha técnica
Ano María Mariño: un balance
Ano María Mariño: un balance
Mesa redonda. 12 de decembro de 2007, ás 16:30