II Xornada da Crítica Galega: A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil

22 de outubro de 2010
II Xornada da Crítica Galega: A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil
A II Xornada da Crítica Galega: “A crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil” é unha continuación da “I Xornada da Crítica Galega” realizada no ano 2007 pola Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Daquela foi concibida como un entorno entre profesionais diversos do mundo da cultura para iniciar unha reflexión acerca da situación crítica literaria, agora céntrase na que se ocupa da literatura infantil e xuvenil, nas súas diversas manifestacións. Esta nova xornada, dirixida a todas aquelas persoas relacionadas co mundo da crítica literaria e coa cultura galega en xeral, quere ter en conta a actividade crítica que se está a desenvolver hoxe no marco peninsular, e para iso contará con representantes da crítica galega, catalá, vasca, castelá e portuguesa. O encontro ten ademais como obxectivo crear un foro de debate sobre a crítica literaria que se ocupa da literatura infantil e xuvenil, no que reunir todas aquelas persoas que estean a exercer nos diferentes ámbitos para debater os seus principais problemas e acadar maior grao de recoñecemento e profesionalización.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: