encontro

ENCONTROS PARA A NORMALIZACIóN

IV Encontros pola Normalización Lingüística

9 e 10 de novembro de 2000
Información

Nas portas do Ano Europeo das Linguas cómpre reflexionarmos sobre a estructuración desta diversa realidade lingüística, así como do lugar que o galego ocupa na súa construcción. Os IV Encontros para a Normalización Lingüística ofrécennos, a través das achegas de recoñecidos investigadores, unha nova aproximación á situación sociolingüística de Europa. Ó mesmo tempo, respondendo á crecente demanda de formación nas áreas académica e profesional, afondamos tamén na situación do idioma en diversos ámbitos sociais, como a xustiza, a igrexa, a sanidade ou a publicidade. O tratamento doutras cuestións, como a onomástica, a estandardización ou a calidade e xestión lingüísticas, pechan estes IV Encontros, constituídos xa como foro anual de exposición e debate para os axentes normalizadores da nosa lingua.

Ficha técnica
IV Encontros pola Normalización Lingüística
IV Encontros pola Normalización Lingüística
Encontro. 9 e 10 de novembro de 2000
Comisión organizadora
Valentín García Gómez
Coordinación
Henrique Monteagudo
Colabora
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Inauguración
Domingo Bello Janeiro
Relator/a
Antón Santamarina