I Encontros Cultura e Concellos

Encontro

I Encontros Cultura e Concellos

Do 27 ao 28 de novembro de 1998
Encontro

I Encontros Cultura e Concellos

Do 27 ao 28 de novembro de 1998
A Administración Local é hoxe en día aquela que dedica máis recursos e a que realiza maiores investimentos no eido da acción cultural. Desde a implantación do sistema democrático no noso país, os concellos desenvolveron un labor protagónico dirixido tanto a apoia-la recuperación da cultura tradicional e a promove-la participación das asociación e os creadores culturais como a facilitarles ós públicos unha oferta cada vez máis elaborada. Esta dinámica está a provocar que os procesos e as políticas culturais se caractericen pola súa progresiva complexización. Os públicos resultan cada vez máis heteroxéneos e as súas demandas participativas crecentes. Por outra parte, a cultura está a resultar nos últimos anos, e no contexto dunha xeira histórica marcada polo coñecemento e a información, un ben estratéxico e fundamental no actual estadio de redefinición social, económica e cultural das nosas sociedades. Os encontros que leva a cabo o Consello da Cultura Galega aspiran a achegar orientacións e criterios para afondar no coñecemento deste tipo de procesos sociais ós que hoxe nos enfrontamos.
Ficha técnica
Encontro.
I Encontros Cultura e Concellos
Data
Do 27 ao 28 de novembro de 1998
Lugar