xornada.

Arte + Espazo público

Conformado por 7 sesións, distribuídas de abril a decembro de 2009
Compartir:
Información
A relación que se establece entre arte e espazo público é unha das cuestións máis importantes da creación contemporánea. A súa conexión e vinculación directa cos estratos políticos e sociais, así como urbanísticos e económicos, seguen a presentar unha ampla e complexa posición de conflito que precisa constantemente de novas estratexias de análise. Despois da edición do informe A arte nos espazos públicos, realizado polo Consello da Cultura Galega no ano 2000, viamos necesario realizar unha contextualización e debate desta problemática, xa que tanto as numerosas investigacións, experiencias e programas de arte pública, como as novas orientacións de tendencias da creación actual cara ao territorio, converten en necesaria a súa discusión nun proceso aberto de actualización e estudo. Desde esta perspectiva preséntase o proxecto Arte + espazo público, unhas xornadas de traballo que temos a intención de realizar sucesivamente ao longo deste ano 2009, cun programa mensual que consta dunha conferencia e unha posterior mesa de debate, xerando unha expectativa de continuidade do proxecto e potenciando a construción procesual da súa análise. Nestas xornadas pretendemos establecer unha visión ampla e pluriperspectiva dos aspectos derivados do diálogo entre arte e espazo público, para ofrecer un lugar de debate —o Consello da Cultura Galega— onde confrontar diversas opinións dos diferentes axentes implicados, desde responsables de programas, da historia da arte, da crítica, do comisariado, do urbanismo ou da xeografía, ata o público cidadán.
Ficha técnica
Arte + Espazo público
Arte + Espazo público
Xornada. Conformado por 7 sesións, distribuídas de abril a decembro de 2009