IV Encontro O Son da Memoria

Encontro

IV Encontro O Son da Memoria

17 e 18 de febreiro de 2005
Encontro

IV Encontro O Son da Memoria

17 e 18 de febreiro de 2005
A dedicatoria do IV Encontro O Son da Memoria ás músicas emigradas, á produción musical dos galegos fóra do seu país, responde a unha liña de debate, investigación e compilación instaurada modernamente nos núcleos intelectuais e sociais nos que os movementos humanos e as súas consecuencias preocupan dun xeito particular.

O exilio político forzoso, o auto-exilio, a simple arela de formación e expresión artística noutros contorno e non só os movementos migratorios marcados pola necesidade económica son os determinantes e condicionantes dun movemento cultural caracterizado polas influenzas externas, a mestura de formas e contidos, os produtos híbridos que transcenden as fronteiras mentais e políticas, transformando as vellas concepcións.

Varias interrogantes preséntansenos no camiño: ¿que relacións de pertenza rexen ás producións musicais, e outros bens patrimoniais, e aos países de orixe e destino?, ¿serán os procesos de hibridación actuais os que firmen a sentencia de morte dos sinais de identidade das comunidades minoritarias?. Estas e outras cuestións, que están na mente de estudosos, músicos e xente vinculada á produción artística e cultural, serán abordadas no Encontro por especialistas na materia, que nos guiarán e enriquecerán os nosos recursos de análise e percepción dunha realidade que cambia a unha velocidade cada vez máis vertixinosa.
Ficha técnica
Encontro.
IV Encontro O Son da Memoria
Data
17 e 18 de febreiro de 2005
Lugar