Xornada.
Comunicar cultura
20, 21 e 29 de abril de 2010
Xornada
Comunicar cultura
20, 21 e 29 de abril de 2010
A comunicación ocupa un lugar central na configuración dos novos modelos de sociedade e, por tanto, tamén nas transformacións no campo cultural. Comunicación e Cultura son aspectos da mesma realidade social que dificilmente podemos separar. Nestes últimos anos a alianza entre cultura e comunicación converteuse nun eixe estratéxico para xerar produtos creativos, para fomentar o intercambio de puntos de vista e para incentivar a participación cidadá en todos os ámbitos da vida diaria. O panorama actual amosa oportunidades para que, mediante o emprego das ferramentas axeitadas, poidamos converter vellos soños de renovación no campo da comunicación e da cultura en realidades. A comunicación mediada tecnoloxicamente, como elemento transversal para a cultura, convértese nun instrumento clave nos procesos de difusión e creación para uns cidadáns cada vez máis esixentes. De feito, a cultura encóntrase no centro da maioría dos debates contemporáneos sobre identidade, tolerancia e convivencia en igualdade. Hai, por tanto, apaixonantes desafíos pensando a comunicación desde a cultura. Estas xornadas de traballo, enmarcadas nos foros de debate que promove e organiza o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega, queren achegar reflexións teóricas e prácticas, potenciar o coñecemento e fomentar o debate. Será un encontro aberto con voces plurais para procurar ideas neste proceso de análise e debate colectivo, con especial atención ás renovadas técnicas para comunicar cultura no ecosistema mediático do terceiro milenio.
Xornada
Comunicar cultura
20, 21 e 29 de abril de 2010
Xornada
Comunicar cultura
20, 21 e 29 de abril de 2010
Solicita a túa inscrición
Comunicar cultura
Xornada. 20, 21 e 29 de abril de 2010
Programa
Ficha técnica
Xornada.
Comunicar cultura
Cando
20, 21 e 29 de abril de 2010