Tereixa Navaza: A voz da liberdade

Xoves, 25 de outubro de 2012
Tereixa Navaza: A voz da liberdade

A retransmisión televisiva do regreso dos restos de Castelao no ano 1984 constitúe un fito na historia da comunicación en Galicia. O relato, realizado pola xornalista Tereixa Navaza, e as consecuencias profesionais que seguen evidencian as tensións que marcan o exercicio dunha profesión sometida ás dinámicas do poder político e empresarial. Tereixa Navaza representa a concepción dun xornalismo implicado coa sociedade do seu tempo. Unha información con perspectiva propia que se amplía no compromiso co movemento feminista e na defensa dos dereitos das mulleres na procura dunha sociedade máis xusta.

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega quere pór en valor e recoñecer o traballo profesional de Tereixa Navaza e, con ela, o labor da primeira xeración de mulleres xornalistas profesionais, así como propiciar o estudo e a investigación arredor da presenza, incidencia e situación das xornalistas no ámbito da comunicación en Galicia.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: