exposición

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

En MUPEGA (Santiago de Compostela), do 6 de febreiro ao 28 de xuño de 2013
Información [Ver todos os da serie]

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atenciónás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.

Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegase, tamén, a exposición que agora presentamos.

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegasde Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.

Ficha técnica
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Exposición. En MUPEGA (Santiago de Compostela), do 6 de febreiro ao 28 de xuño de 2013
Comisariado
Vicente Peña
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Colabora
Secretaría Xeral de Emigración

Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega

LUGAR
MUPEGA
Rúa San Lázaro, 107
15781 Santiago de Compostela

Documentación
Carolina García Borrazás
María Teresa García Domínguez