encontro

As artes escénicas: situación e perspectivas

Martes, 30 de abril de 2013
As artes escénicas: situación e perspectivas

Desde hai algúns meses o Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Música e Artes escénicas e por medio dunha Comisión Técnica temporal creada aos efectos, vén traballando na elaboración dun documento que define os retos e desafíos das artes escénicas en Galicia no momento actual e no futuro inmediato e a medio prazo. Un documento co que se procuran as bases programáticas do que debería ser un Plan estratéxico para as artes escénicas. Logo dunha primeira fase de presentación pública do documento e dunha posterior recolla de achegas chegouse a unha terceira fase de análise e debate na que se convidou a todas as persoas que o desexasen a remitir todo tipo de propostas, achegas e suxestións, que de novo foron analizadas e incorporadas ao documento. Esta xornada de análise e debate do 30 de abril pon fin ao proceso de traballo e servirá para debullar os resultados ofrecidos por este documento construído coas achegas de ducias de persoas vinculadas dun xeito ou outro ao sector. Nela avaliarase a situación das artes escénicas en Galicia, poñeranse enriba da mesa algún indicadores e traballarase nas propostas para un Plan Estratéxico para as AAEE en Galicia.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: