seminario

Migracións e memoria histórica

13 e 14 de xuño de 2013
Migracións e  memoria histórica

O obxectivo xeral do seminario é avaliar as repercusións migratorias, identitarias, xurídicas e políticas da Lei da Memoria Histórica (2009-2011). Para elo será necesario tamén coñecer a magnitude das correntes migratorias desde Galicia cara outros países, especialmente de América, así como os exilios políticos provocados pola derrota republicana na guerra civil.

O seminario estrutúrase en tres grandes bloques. No primeiro examinaranse os aspectos xurídicos, institucionais e históricos da Lei da Memoria Histórica e as súas repercusións en España durante os últimos anos. No segundo bloque examinaranse exemplos de lugares de destino para a emigración (e o exilio) de españois en América (Arxentina, México). E no terceiro bloque presentaranse os primeiros resultados de investigación sobre inmigración e memoria histórica. 

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: