A modelización da Terra en Galicia. Unha nova ollada sobre o país

Xoves, 7 de novembro de 2013
A modelización da Terra en Galicia. Unha nova ollada sobre o país

2013 ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA

Os métodos de modelización dos diferentes compoñentes do medio nos que se enmarca a noosfera, e que se constituiron en ferramentas habituais de traballo nas últimas duas décadas, permitiron reproducir e xestionar matemáticamente os procesos máis complexos. Ademáis do adianto que supuxo este xeito de traballo, estase a producir tamén un cambio nas relacións que tradicionalmente se tiñan con estes compoñentes . Por unha parte, a extraordinaria heteroxeneidade e complexidade destes medios que facía prácticamente inabordable un estudo holístico dos mesmos cos métodos clásicos, hoxe comeza a ser posible. Por outra parte, a necesidade de certas simplifi cacións, sobre todo nas achegas de datos, levan a incurrir as modelizacións nun certo reduccionismo. En calquera caso, pódese falar, cunha certa pertinencia, de que estes novos métodos de estudo do planeta terra está a xerar unha “nova ollada” e, consonte con ela, un novo xeito de pensar e entender o medio.

Esta xornada está tamén motivada polo feito de que o ano 2013 foi declarado pola UNESCO como o ano internacional das matemáticas para o estudo do Planeta Terra.

Por todo iso, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega considera oportuna a celebración desta xornada de refl exión sobre a problemática da modelización en Galicia co formato de conferencias abertas ao público en xeral e aos docentes en particular.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: