A mediación cultural de internet

Mércores, 12 de marzo de 2014
A mediación cultural de internet

A transformación da rede nun dos principais soportes de comunicación está a provocar grandes cambios no ecosistema informativo e na industria cultural. Cunha significativa parte do público interesado na cultura vinculado a través de redes sociais e publicacións especializadas no web, o momento actual é apropiado para reflexionar sobre as posibilidades tecnolóxicas, as preferencias dos públicos culturais así como as audiencias e as posibilidades de internet como novo contorno para crear pequenos e emerxentes medios de comunicación especializados. 

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: