Obras públicas e patrimonio cultural

Seminario

Obras públicas e patrimonio cultural

13 e 14 de maio de 2014
Santiago de Compostela
Seminario

Obras públicas e patrimonio cultural

13 e 14 de maio de 2014 Santiago de Compostela

O territorio, debido aos procesos naturais e/ou antrópicos que inciden nel, está en construción permanente. Entendemos por procesos antrópicos os estritamente culturais e os que son derivados da contemplación humana do territorio, tales como a percepción estético-emocional que devén en sentir aquel como Paisaxe, ou os que o vivencian como territorio patrimonializado e fidelizado culturalmente, que o fan sentir como herdade, como memoria e como excitador e fixador da identidade colectiva e individual, é dicir, como un Ben Cultural. Son, pois, os procesos antrópicos aqueles que, máis alá dos procesos da natureza, deixaron pegadas humanas directa e indirectamente esculpidas na topografía do territorio ata dotala da calidade de topografía cultural e convertela en parte da identidade dun país.


As pegadas naturais e/ou as antrópicas explican e documentan directamente aqueles procesos económicos e sociais que non sempre están ben custodiados na práctica dos procesos proxectuais e na construción das grandes infraestruturas que se levan ou que se levaron a cabo, no territorio galego nos últimos tempos. Por tal motivo, a Sección de Patrimonio e Bens Culturais considera pertinente a realización deste seminario, que pretende facer o balance do nivel de colaboración e de converxencia das diferentes administracións que actúan como axentes e xestores, ou sexa, como promotores de calquera tipo de intervención sobre o noso territorio, e aquelas administracións que exercen a competencia de definir e previr a conservación daquelas áreas do territorio con valores culturais, materiais e inmateriais, que sexan considerados, ou susceptibles de selo, como Bens Culturais catalogados e/ou declarados.


Pero tamén se trata de que neste seminario se discuta sobre como axudar a que as administracións actuantes nos procesos proxectuais e nas execucións das obras cultiven actitudes que se derivan do Estado de Dereito e ás que, polo tanto, están obrigadas. Investigar, coñecer, proxectar e conservar durante unha obra pública as áreas do Territorio e os Bens deste que teñan a categorización de Bens Culturais debería ser, para as administracións que eliximos entre todos, a tarefa primeira que ter presente, e non sempre o é.


Na organización do Estado de Dereito déronse pasos moi significativos dende os anos 1992-1993 cunha práctica de interdisciplinaridade maior nas distintas fases e procesos que se levan a cabo neste tipo de proxectos. Non obstante, lograr unha maior excelencia, publicitación e participación da cidadanía nas distintas fases e procesos que se seguen á hora de intervir sobre o territorio debe ser un obxectivo que acadar, xa que derivará en aumentar a percepción do territorio como Paisaxe e en mellorar a vivencia deste como patrimonializado e fidelizado culturalmente, é dicir, como herdade, como memoria e como excitador e fixador da identidade colectiva e individual. En definitiva,este seminario trata de reflexionar sobre o xeito de facilitar un maior grao de acceso á Cultura, ao Ben Cultural que é o territorio, contribuíndo, así, a aumentar de paso a patrimonialización cultural deste.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica
Seminario.
Obras públicas e patrimonio cultural
Cando
13 e 14 de maio de 2014
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Carlos Nárdiz Ortiz
Iago Seara Morales
Inauguración
Xesús Vázquez Abad
Ramón Villares
Modera
Pegerto Saavedra Fernández
Participante
Juan R. Acinas
Francisco Alonso
Carlos Amoedo
Ignacio Ardá Freire
Rebeca Blanco-Rotea
Xoán Carmona
Felipe Criado Boado
Marcial Gondar Portasany
Alfonso Revilla
Ramón Yzquierdo Perrín
Relator/a
Carlos Calzadilla
Manuel Chaín
Carlos Lefler
María del Carmen Martínez Insua
Carlos Nárdiz Ortiz
Juan Naveira
Augusto Pérez Alberti
Federico Saldaña
Iago Seara Morales
Juan Pablo Villanueva
Organiza
Consello da Cultura Galega