
Seminario
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
1 e 2 de xullo de 2014Santiago de Compostela
Seminario
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
1 e 2 de xullo de 2014 Santiago de CompostelaEn todo Conxunto Histórico é necesario unha nova ollada, e nos de borde marítimo máis. Hai que ter en conta que os concellos litorais galegos representan o 15 por 100 da superficie de Galicia e concentran máis da metade da súa poboación, e que a súa estrutura económica experimentou nas últimas décadas unha terciarización en que salienta un turismo cada vez máis importante, sobre todo nas Rías Baixas, das que o 41 por 100 dos concellos está clasificado como turístico. A terciarización turística e a presión demográfica dan lugar ao crecemento urbanístico, por motivo de primeiras ou segundas residencias, ou polo investimento en activos inmobiliarios, o que xera un notable impacto sobre o territorio, ao que colaboran as engadidas infraestruturas urbanas e do transporte. Estas actividades antropocéntricas provocan ben a «artificialización» do territorio, alí onde hai espazos naturais, ben a súa desvalorización, alí onde existen núcleos edificados con valores culturais como son os Conxuntos Históricos.
Os Conxuntos Históricos crearon espazos libres cunhas especiais relacións espaciais no que chamamos o seu ámbito delimitado. Estas relacións están sustentadas polo construído, que pola súa vez é solidario cos espazos baleiros propios. Así, a interacción entre a edificación e o espazo libre moldea as características espaciais do inmoble e do baleiro, e logo de todo o ámbito histórico.
Un Conxunto Histórico está soportado polo resto do territorio. Un e outro establecen o seu ambiente, ou sexa, as relacións espaciais singulares que normalmente teñen igual ou máis interese que as relacións espaciais do ámbito do Conxunto, unha unidade arquitectónica dos Conxuntos Históricos que vai construíndose co paso do tempo, e un borde de relacións espaciais que definen o ambiente dos Conxuntos Históricos.
O ambiente do Conxunto Histórico é o que a diario denominamos contorna, zona de influencia recíproca... Nos Conxunto Históricos de borde marítimo, o territorio que soportou as edificacións que formalizaron as súas relacións espaciais personalízase no peculiar encontro do construído coa ría ou co mar. Por iso a singularidade de cada Conxunto Histórico estará construída por esas especiais relacións espaciais e coas da terra firme. A maioría das veces a ría ou o mar eran buscados nos lugares que tiñan características de abrigo previas, necesarias para facilitar as actividades ou artes do mar, que era un factor económico para os seus habitantes, igual que o eran os factores de economía de despensa que acontecían nos espazos baleiros semiconstruídos do resto do territorio. Se posteriormente estas características son alteradas fisicamente polos usos incompatibles ou desmedidos actuais e acaban xerando relacións espaciais novas no Conxunto Histórico, pode que o proceso acabe nunha perda de integridade ou de autenticidade. Esta perda non é desexable nin polas administracións responsables, nin pola cidadanía, que asimilou o significado cultural e patrimonial do Conxunto, nin, no fondo, polos residentes, que directamente decotío salvagardan a súa herdade patrimonial e cultural, tanto individual como colectivamente, non sen dúbidas ou temores de todo tipo.
Existen intereses encontrados nos Conxuntos Históricos: os dos residentes, que poden ser distintos entre si pero que no fondo poden chegar a entenderse xa que os valores que conservar e protexer son tamén de confort e os da calidade ambiental; os dos que explotan o valor económico propiciado pola declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) de forma desmedida, e mais aló do sostible polas relacións espaciais propias do ámbito ou do ambiente; os das administracións que teñen que conservalos e procurar o mandato constitucional e autonómico de garantir permanentemente o acceso cultural da cidadanía aos Conxunto Históricos, cousa que é moi distinta da invasión descontrolada dun turismo de masas estandarizado e desviado dos valores que estes Bens reportan. Calquera asentamento de interese cultural nun borde marítimo é expresión das relacións de produción que se conformaron historicamente entre os residentes e o seu territorio, un valor de uso por riba do valor de cambio. O caso é que o que está acontecendo, ou pode acontecer, é que o valor de cambio acabe dominando o valor de uso tradicional. Como reequilibrar entón o peso destes usos? Esta é unha preocupación, unha necesidade, que está no fondo deste seminario e da filosofía dos relatores que aceptaron colaborar nel.
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
1 e 2 de xullo de 2014 Santiago de CompostelaMartes, 1 de xullo
09:30 horas
Inauguración do seminario
09:45 horas
O valor do patrimonio no século XXI
Ramón Villares, presidente do Consello de Cultura Galega
10:30 horas
A ría como soporte da construción histórica das vilas costeiras galegas e a súa periferia
Henrique Seoane Prado, arquitecto do Concello de Santiago e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
11:15 horas
Pausa
11:30 horas
Rinlo: Un novo paradigma na categorización dos Conxuntos Históricos de Borde Marítimo e un novo paradigma para a súa conservación
Carlota Eirós, arquitecta e autora da Memoria para a incoación de Conxunto Histórico de Rinlo
12:15 horas
O Conxunto Histórico de Muros. A declaración de BIC, o Plan Especial de Protección e a súa posta en marcha: Balance da súa conservación, protección e difusión
Alfonso Díaz Revilla, Oficina de Planeamento, S.A.
13:00 horas
Mesa redonda. Debate e Conclusións da Primeira Xornada
A pluralidade e especificidade dos Bens Culturais dos Cascos Históricos de Borde Marítimo. Balance do seu recoñecemento, protección e conservación patrimonialcultural
Javier Montero Pérez, técnico municipal da Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Cambados
Xoán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC
José Ignacio Villar, director de Portos de Galicia
Coordina e modera: Carlos Nárdiz, doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña
Mércores, 2 de xullo
10:00 horas
O Conxunto Histórico de Combarro: De paradigma das características dun Conxunto Histórico de Borde Marítimo a paradigma da perda da súa identidade
Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
10:45 horas
Dende os criterios das primeiras intervencións en Combarro ao Plan Especial de Pascuala Campos, a xestión e conservación dos conxuntos históricos de borde marítimo
Teresa Nieto, arquitecta e facultativa da Xunta de Galicia
11:45 horas
Pausa
12:00 horas
Presentación do Informe Urxente sobre Combarro. E agora «¿Qué facer?»
Rafael Vallejo, profesor da Universidade de Vigo e coautor do Informe Urxente sobre Combarro
12:45 horas
Debate e Conclusións do seminario
Balance sobre pertinencia e eficacia dos Plans especiais dos Conxuntos Históricos de cara ao recoñecemento, conservación e dinamización dos Cascos Históricos de Borde Marítimo Galego e as súas relacións espaciais especiais coa ría ou o mar
Rafael Vallejo, profesor da Universidade de Vigo e coautor do Informe Urxente sobre Combarro
Carlos Nárdiz, doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña
Alfonso Díaz Revilla, Ofi cina de Planeamento, S.A.
Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
Coordina e modera: Pegerto Saavedra, catedrático de Historia Moderna da USC
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca
INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
1 e 2 de xullo de 2014 Santiago de CompostelaSolicita a túa inscrición
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
Seminario. 1 e 2 de xullo de 2014Inauguración
- 2014-07-01 09:30:00
O valor do patrimonio no século XX
- 2014-07-01 09:45:00
Ramón Villares, presidente do Consello de Cultura Galega
A ría como soporte da construción histórica das vilas costeiras galegas e a súa periferia
- 2014-07-01 10:30:00
Henrique Seoane Prado, arquitecto do Concello de Santiago e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
Rinlo: Un novo paradigma na categorización dos Conxuntos Históricos de Borde Marítimo e un novo paradigma para a súa conservación
- 2014-07-01 11:30:00
Carlota Eirós, arquitecta e autora da Memoria para a incoación de Conxunto Histórico de Rinlo
O Conxunto Histórico de Muros. A declaración de BIC, o Plan Especial de Protección e a súa posta en marcha: balance da súa conservación, protección e difusión
- 2014-07-01 12:15:00
Alfonso Díaz Revilla, Oficina de Planeamento, S.A.
A pluralidade e especificidade dos Bens Culturais dos Cascos Históricos de Borde Marítimo. Balance do seu recoñecemento, protección e conservación patrimonial-cultural
- 2014-07-01 13:00:00
Mesa redonda. Debate e Conclusións da Primeira Xornada
A pluralidade e especificidade dos Bens Culturais dos Cascos Históricos de Borde Marítimo. Balance do seu recoñecemento, protección e conservación patrimonialcultural
Javier Montero Pérez, técnico municipal da Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Cambados
Xoán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC
José Ignacio Villar, director de Portos de Galicia
Coordina e modera: Carlos Nárdiz, doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña
O Conxunto Histórico de Combarro: de paradigma das características dun Conxunto Histórico de Borde Marítimo a paradigma da perda da súa identidade
- 2014-07-02 10:00:00
Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
Dende os criterios das primeiras intervencións en Combarro ao Plan Especial de Pascuala Campos, a xestión e conservación dos conxuntos históricos de borde marítimo
- 2014-07-02 10:45:00
Teresa Nieto, arquitecta e facultativa da Xunta de Galicia
Presentación do Informe Urxente sobre Combarro. E agora «¿Que facer?»
- 2014-07-02 12:00:00
Rafael Vallejo, profesor da Universidade de Vigo e coautor do Informe Urxente sobre Combarro
Balance sobre pertinencia e eficacia dos Plans especiais dos Conxuntos Históricos de cara ao recoñecemento, conservación e dinamización dos Cascos Históricos de Borde Marítimo Galego e as súas relacións espaciais es
- 2014-07-02 12:45:00
Rafael Vallejo, profesor da Universidade de Vigo e coautor do Informe Urxente sobre Combarro
Carlos Nárdiz, doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña
Alfonso Díaz Revilla, Ofi cina de Planeamento, S.A.
Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña
Coordina e modera: Pegerto Saavedra, catedrático de Historia Moderna da USC
Ficha técnica
Seminario.
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
Data
1 e 2 de xullo de 2014Lugar
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
Coordinación
Iago Seara MoralesRafael Vallejo
Modera
Carlos Nárdiz OrtizPegerto Saavedra Fernández
Participante
Xoán CarmonaJavier Montero
José Ignacio Villar
Relator/a
Alfonso Díaz RevillaCarlota Eirós
Teresa Nieto Freire
Iago Seara Morales
Henrique Seoane
Rafael Vallejo
Ramón Villares