Os conxuntos históricos no borde marítimo galego

Seminario.

Os conxuntos históricos no borde marítimo galego

1 e 2 de xullo de 2014
Santiago de Compostela
Seminario

Os conxuntos históricos no borde marítimo galego

1 e 2 de xullo de 2014 Santiago de Compostela

En todo Conxunto Histórico é necesario unha nova ollada, e nos de borde marítimo máis. Hai que ter en conta que os concellos litorais galegos representan o 15 por 100 da superficie de Galicia e concentran máis da metade da súa poboación, e que a súa estrutura económica experimentou nas últimas décadas unha terciarización en que salienta un turismo cada vez máis importante, sobre todo nas Rías Baixas, das que o 41 por 100 dos concellos está clasificado como turístico. A terciarización turística e a presión demográfica dan lugar ao crecemento urbanístico, por motivo de primeiras ou segundas residencias, ou polo investimento en activos inmobiliarios, o que xera un notable impacto sobre o territorio, ao que colaboran as engadidas infraestruturas urbanas e do transporte. Estas actividades antropocéntricas provocan ben a «artificialización» do territorio, alí onde hai espazos naturais, ben a súa desvalorización, alí onde existen núcleos edificados con valores culturais como son os Conxuntos Históricos.


Os Conxuntos Históricos crearon espazos libres cunhas especiais relacións espaciais no que chamamos o seu ámbito delimitado. Estas relacións están sustentadas polo construído, que pola súa vez é solidario cos espazos baleiros propios. Así, a interacción entre a edificación e o espazo libre moldea as características espaciais do inmoble e do baleiro, e logo de todo o ámbito histórico.


Un Conxunto Histórico está soportado polo resto do territorio. Un e outro establecen o seu ambiente, ou sexa, as relacións espaciais singulares que normalmente teñen igual ou máis interese que as relacións espaciais do ámbito do Conxunto, unha unidade arquitectónica dos Conxuntos Históricos que vai construíndose co paso do tempo, e un borde de relacións espaciais que definen o ambiente dos Conxuntos Históricos.


O ambiente do Conxunto Histórico é o que a diario denominamos contorna, zona de influencia recíproca... Nos Conxunto Históricos de borde marítimo, o territorio que soportou as edificacións que formalizaron as súas relacións espaciais personalízase no peculiar encontro do construído coa ría ou co mar. Por iso a singularidade de cada Conxunto Histórico estará construída por esas especiais relacións espaciais e coas da terra firme. A maioría das veces a ría ou o mar eran buscados nos lugares que tiñan características de abrigo previas, necesarias para facilitar as actividades ou artes do mar, que era un factor económico para os seus habitantes, igual que o eran os factores de economía de despensa que acontecían nos espazos baleiros semiconstruídos do resto do territorio. Se posteriormente estas características son alteradas fisicamente polos usos incompatibles ou desmedidos actuais e acaban xerando relacións espaciais novas no Conxunto Histórico, pode que o proceso acabe nunha perda de integridade ou de autenticidade. Esta perda non é desexable nin polas administracións responsables, nin pola cidadanía, que asimilou o significado cultural e patrimonial do Conxunto, nin, no fondo, polos residentes, que directamente decotío salvagardan a súa herdade patrimonial e cultural, tanto individual como colectivamente, non sen dúbidas ou temores de todo tipo.


Existen intereses encontrados nos Conxuntos Históricos: os dos residentes, que poden ser distintos entre si pero que no fondo poden chegar a entenderse xa que os valores que conservar e protexer son tamén de confort e os da calidade ambiental; os dos que explotan o valor económico propiciado pola declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) de forma desmedida, e mais aló do sostible polas relacións espaciais propias do ámbito ou do ambiente; os das administracións que teñen que conservalos e procurar o mandato constitucional e autonómico de garantir permanentemente o acceso cultural da cidadanía aos Conxunto Históricos, cousa que é moi distinta da invasión descontrolada dun turismo de masas estandarizado e desviado dos valores que estes Bens reportan. Calquera asentamento de interese cultural nun borde marítimo é expresión das relacións de produción que se conformaron historicamente entre os residentes e o seu territorio, un valor de uso por riba do valor de cambio. O caso é que o que está acontecendo, ou pode acontecer, é que o valor de cambio acabe dominando o valor de uso tradicional. Como reequilibrar entón o peso destes usos? Esta é unha preocupación, unha necesidade, que está no fondo deste seminario e da filosofía dos relatores que aceptaron colaborar nel.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica 
Seminario.
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
Cando
1 e 2 de xullo de 2014
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org

Coordinación
Iago Seara Morales
Rafael Vallejo
Modera
Carlos Nárdiz Ortiz
Pegerto Saavedra Fernández
Participante
Xoán Carmona
Javier Montero
José Ignacio Villar
Relator/a
Alfonso Díaz Revilla
Carlota Eirós
Teresa Nieto Freire
Iago Seara Morales
Henrique Seoane
Rafael Vallejo
Ramón Villares
Organiza