Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Exposición. Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

O Fontelo (Coirós), do 1 de agosto ao 13 de agosto de 2014
Coirós
Exposición
Exposición Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

O Fontelo (Coirós), do 1 de agosto ao 13 de agosto de 2014 Coirós

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.


Coñece a Escola de Fontelo no noso proxecto Escolas da emigración

Ficha técnica
Exposición.
Luces de alén mar
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Data
O Fontelo (Coirós), do 1 de agosto ao 13 de agosto de 2014
Lugar

LUGAR
O Fontelo
Santa María de Ois
15316 Coirós
A Coruña

Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega