Teatro Amador

Xornada

Teatro Amador

Martes, 28 de outubro de 2014
Santiago de Compostela
Xornada

Teatro Amador

Martes, 28 de outubro de 2014 Santiago de Compostela

Ao teatro afeccionado acáelle o adxectivo vencellado ao verbo amar: teatro amador, unha actividade que se ama porque se fai voluntariamente e que enche de vivencias e experiencias colectivas aqueles que a practican. Ademais, o teatro amador é o alicerce en que nace e renace ao longo do século XX o teatro galego. Eran afeccionadas aquelas primeiras compañías que puxeron en marcha os textos fundacionais do noso teatro contemporáneo, igual que os primeiros pasos no teatro galego dos seus grandes artífices, en todos os tempos, foron a carón deses grupos que, a modo de familias, os ensinaron a amar esta arte de Talía que enche vidas e une persoas.


Cumprida xa esa fase inicial dun teatro amador que dá lugar a un sistema teatral completo, o teatro galego é agora un espazo onde conviven dúas realidades complementarias, a profesional e a afeccionada, sen que a miúdo se considere esta última coma un espazo digno de atención crítica, incorrendo así nunha dolorosa equivocación. O teatro amador é fundamental para o correcto funcionamento dun sistema teatral que debe xerar espazos para a xestación de públicos, para a difusión teatral e para a formación en artes escénicas, sempre desde a proximidade á cidadanía e desde a base cultural que implica o fortalecemento das estruturas artísticas complexas.


O Consello da Cultura Galega propón, por tanto, esta xornada de reflexión sobre o teatro amador, non só co fin de paliar esa habitual desatención a este, senón tamén desde a intención de abrir liñas de reflexión que o dignifiquen e o sitúen como parte esencial do tecido teatral galego.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.org
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica
Xornada.
Teatro Amador
Data
Martes, 28 de outubro de 2014
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Coordinación
Inmaculada López Silva
Euloxio Ruibal
Clausura
Inmaculada López Silva
Euloxio Ruibal
Inauguración
Euloxio Ruibal
Maximino Zumalave Caneda
Modera
Xosé Barato
Inmaculada López Silva
Euloxio Ruibal
Participante
Alberte Álvarez Escudero
Fernando Dacosta
Esther F. Carrodeguas
Flor Maceiras
Chelo Pampillón
Pedro Pablo Riobó
Gonzalo Rodríguez Calvo
Xesús Santos Suárez
Artur Trillo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)